Rutas de senderismo la la-eye blue

Ruta Circular de Burela

Descrición
Duns 16 km de lonxitude e dificultade moderada, bordea toda a costa burelense e ascende ata o miradoiro Monte Castelo para gozar dunha incrible vista panorámica da costa Cantábrica. Así, visítanse os principais puntos de interese da vila: zonas xeolóxicas (declaradas lugares de importancia xeolóxica de relevancia mundial), praias, o Barco Museo Boniteiro, a igrexa da Vila do Medio, o castiñeiro centenario, lugares de interese etnográfico, etc. O seu punto de inicio é o Arenal do Penoural, moi próximo á Oficina de Turismo, pero ao tratarse dun roteiro circular poderíase iniciar en calquera dos puntos polos que discorre. Máis info: https://burela.org/gl/ruta-circular-de-burela
Localización